Andaina polos Penedos de Pasarela para poñer en valor o patrimonio
VIMIANZO. Éxito total na primeira andaina do programa Recunchos, un compendio de actividades que nace para promocionar e poñer en valor o patrimonio natural e arqueolóxico do concello de Vimianzo. Nesta primeira andaina, para a que se cubriron o total de prazas dispoñibles, permitiu ás persoas participantes coñecer máis de preto os penedos de Pasarela e Traba, un conxunto de formacións rochosas graníticas únicas en Galicia.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, participou na actividade coa veciñanza e quixo destacar “a relevancia de promocionar e poñer en valor os nosos espazos naturais, algúns non tan coñecidos, pero que de seguro non deixarán indiferentes a quenes acudan a visitalos”, incidindo na importancia “da súa preservación a través da concienciación cidadá que iniciativas como o pograma Recunchos promove”.