O Correo de A Costa da Morte

Andainas para promocionar o Camiño

  • 13 jul 2021 / 16:22
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

CEE. O Concello ceense vén de deseñar un programa de camiñatas coa fin de promocionar o Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio. Baixo o lema Cee, somos Camiño, consta de dúas andainas que discorrerán polos dous tramos da ruta xacobea. A primeira terá lugar o día 24 de xullo, e partirá da capela de San Pedro Mártir (Pereiriña) para rematar no paseo marítimo ceense. Unha semana despois, o día 31 de xullo, completarán o tramo entre Lires e Fisterra, partindo neste caso da ponte de Vaosilveiro. Nos dous casos a saída está prevista para as 11.00 horas e a inscrición, que é gratuíta, estará aberta ata os días 22 e 29, respectivamente. Os interesados poden dirixirse á oficina do Servizo de Deportes, ubicada no segundo andar da casa do concello, ou ben chamar ao 981 745100 (extensión número 9) ou enviar un correo a deportes@cee.gal. Dado que as prazas están limitadas a un máximo de trinta persoas, a adxudicación efectuarase por orde de inscrición. J. M. r.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.