O Correo de A Costa da Morte

Aporía presenta ‘Soga e Cinxa’ na vila vimiancesa

  • 29 sep 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Terra de Soneira. O Concello de Vimianzo dará o pistoletazo de saída á programación do seu outono cultural coa representación de Soga e Cinsa este sábado, 2 de outubro. A cita é ás 20.30 horas no auditorio da casa da cultura. Esta obra será posta en escena polos actores e actrices da compañía Aporía Escénica, cuxos integrantes están centrados en espectáculos de creación contemporánea, pretendendo explorar o universo da muller, a comunidade e a ecoloxía, así como desenvolver a súa propia linguaxe artística por medio da hibridación de tipoloxías escénicas que favorezan a potencia plástica dos corpos e os obxectos. Poderanse mercar as entradas na billeteira da casa da cultura de 09.00 a 14.00 horas de luns a venres e tamén no enderezo web www.woutick.es, sen recargo por gastos.

Todos os espectáculos do programa están organizados baixo un estrito protocolo covid e será obrigatorio o acceso con máscara sanitaria ao recinto. J. M. Ramos

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.