O Correo de A Costa da Morte

Arden un coche e unha moto nun garaxe dun edificio na Ponte do Porto

O incendio produciuse de madrugada nun inmoble da rúa Río do Cura // Interviron os bombeiros de Cee para extinguir o lume // Non se produxeron danos persoais

  • 18 jun 2021 / 10:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Un incendio orixinado no interior dun garaxe dun edificio da rúa Río do Cura, de Ponte do Porto (Camariñas) calcinou un coche e unha moto e afectou á súa estrutura, segundo informa o 112 Galicia.

Un particular alertou a dito servizo ás catro da madrugada ao ver que saía fume do garaxe. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deu aviso aos Bombeiros de Cee e aos axentes da Garda Civil. Por se fose preciso apoio no lugar, tamén se informou ao parque de Bombeiros de Santa Comba.

Logo de varias horas de traballo, o lume foi apagado e dos cinco vehículos que había no interior arderon dous, unha moto e un coche. Os bombeiros tamén indicaron que o fume afectou á estrutura do garaxe pero que, por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.