O Correo de A Costa da Morte

As Torres do Allo abrirán os días festivos e haberá visitas guiadas ó pazo

Acollerán obradoiros de elaboración de postais dirixidos a nenos de 4 a 12 anos

  • 06 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Zas. O pazo das Torres do Allo abrirá as portas nos días festivos 6 e 8 de decembro co horario de tempada baixa, isto é de 11.00 a 19.00 horas. Mantéñense as actividades, como as visitas guiadas ás 13.00 e ás 17.00 horas, ademáis do xogo de pistas para os máis pequenos e pequenas no que deberán resolver varias probas.

Nesta ponte poderase entrar no pazo máis antigo de Galicia e deleitarse ca historia e natureza que o rodea como o xardín, o souto onde se atopa a fonte de San Ramón e a igrexa de San Pedro.

Ademais, os días 17 e 18 de decembro celebrarase nas Torres do Allo o Nadal cunha actividade gratuíta para os nenos e nenas de 4 a 12 anos, organizada polo Concello de Zas e a Deputación da Coruña. A actividade será no interior do pazo ás 16.00 horas ambos días. Consistirá nunha pequena manualidade na que os rapaces e rapazas deberán sacar o seu lado artístico para adornar e deseñar postais para os seus familiares ou para os Reis Magos.

As prazas serán limitadas e será preciso apuntarse con antelación mandando un correo á info@torresdoallo.gal, chamando ás Torres (655 71 67 43), ou aos centros socioculturais de Zas ou de Baio (981 751 389 / 981 718 056). Para formalizar a reserva débese aportar o nome do participante, a súa idade, a data (17 ou 18 de decembro) e un número de contacto ou correo electrónico.

As referidas actividades están organizadas polo Concello de Zas, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. M. LAVANDEIRA

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.