O Correo de A Costa da Morte
Atopan unha medusa xigante na praia ceense de Estorde
É semellante ás que están a aparecer nas últimas semanas nas Rías Baixas
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Unha familia de Cee atopou na area da praia de Estorde unha medusa xigante que todo apunta a que pertence á especie ‘Rhizostoma pulmo’, como as que están a aparecer nas últimas semanas nos aparellos dos pescadores das Rías Baixas. Manuel Sambade atopábase xunto coa súa dona e o seu fillo Antón recollendo lixo no areal ceense e víronse soprendidos co achádego.
“Ao principio pensamos que podería ser unha tartaruga” pero ao achegarse viron que non o era. Logo de consultar con varios expertos da zona, “dixéronme que nunca se vira por aquí este tipo de medusas”, engadiu. Sorprendíulles a súa consistencia e, sobre todo, o seu tamaño, “pois tiña un diámetro duns sesenta centímetros”, indicou.
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.