O Correo de A Costa da Morte

Becas Fernando Blanco a estudantes sobresaíntes

  • 23 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

CEE. O salón de actos do IES Fernando Blanco de Cee acolle este sábado, ás 12.00 horas, a entrega da décima edición das Becas-Premio Fernando Blanco. Os cinco premiados no curso 2020-21 son David Santabaya Paz (2º ESO), Martín Hernández Abad (1º Bacharelato), Andrés Rodríguez Suárez (1º Ciclo Básico de Electricidade e Electrónica), Juan Alejandro Ferrío Correia (1º Ciclo Medio de Xestión Administrativa) e Tamara Martíns Lago (1º Ciclo Superior de Administración e Finanzas). Todos eles acadaron unha nota media de entre 9 e 10.

Cada un dos premios está dotado con 500 euros (220 en metálico en 280 en vales de compra doados polos establecementos colaboradores). Con estas becas a Fundación e o IES Fernando Blanco quere recoñecer o esforzo, traballo, dedicación e aptitudes do alumnado, así como recuperar unha tradición histórica, pois o colexio xa estableceu en 1886 a entrega de recompensas. J. M. r.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.