O Correo de A Costa da Morte

Boa evolución xeral dos datos da COVID nos concellos de Costa da Morte

Os alcaldes agardan que este venres ou o martes se rebaixen algunhas restricións

  • 09 dic 2020 / 18:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Carballo. Responsables da Consellería de Sanidade mantiveron este mércores un novo encontro telemático cos alcaldes dos concellos de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra afectados por restricións de mobilidade. Deron conta das cifras de casos activos e a incidencia da COVID destacando a “boa evolución”, especialmente nos municipios bergantiñáns e no de Vimianzo. Unha melloría que aínda non é tan apreciable no perímetro formado por Muxía, Dumbría e Cee.

De momento non hai cambios en canto ás restricións, aínda que os alcaldes agardan que se poidan rebaixar nalgunhas zonas nas reunións que manterán o subcomité e o comité de expertos, o venres e o martes da próxima semana, respectivamente. Non obstante, os responsables de Sanidade aseguraron que antes de levantar restricións deberán ter certa seguridade de que non se van ter que volver a implantar unha semana máis tarde.

Todos os concellos da comarca de Bergantiños están evolucionando ben, sobre todo Malpica e A Laracha, polo que non se descarta que nestes dous xa poida haber cambios o venres.

En Carballo, actualmente hai 103 casos activos, 53 menos que hai una semana. Tamén se reduciu substancialmente a incidencia a sete días, de 188 a 89, e a catorce días, pasando de 427 a 277, pero as autoridades sanitarias entenden que “esta melloría aínda non abonda para levantar ou reducir as restricións”, segundo sinalaron dende o Concello carballés. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.