O Correo de A Costa da Morte

Caballero reafirma o compromiso do PSOE para reclamar o plan de viabilidade de Xeal

Visitou onte a vila de Cee, onde mantivo unha xuntanza co comité de empresa e coa alcaldesa

  • 19 nov 2020 / 19:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O secretario xeral do PSdeG-PSOE visitou este xoves a vila de Cee, onde, xunto coa alcaldesa, Margarita Lamela, mantivo unha reunión cos membros do comité de empresa de Xeal aos que trasladaron o compromiso do Grupo Socialista para reclamar no Parlamento “o plan de viabilidade e o mantemento da actividade industrial e o emprego”, uns 260 postos de traballo directos.

A rexedora sinalou que a recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que impide segregar as actividades de ferroaliaxes e a produción de enerxía, “vén a reforzar as peticións dos traballadores, xa que fixa como requisito esencial das concesións hidroeléctricas o mantemento do emprego”. Por iso, ao igual que Caballero, pide á Xunta que “cumpra” e demandan da administración autonómica “compromiso cunha industria fundamental para a Costa da Morte”.

Margarita Lamela tamén quixo recordarlle que “aínda non temos resposta” á petición de reunión con Feijóo formulada polos alcaldes da zona..

Por outra banda, Gonzalo Caballero puxo en valor “a magnífica xestión” do goberno local que preside Margarita Lamela, tanto nos eidos social e sanitario como no relativo ás infraestruturas. “É un proxecto en beneficio e interese dos veciños e das veciñas de Cee por parte dun goberno comprometido coa xente e con que ninguén quede na cuneta”, destacou o líder do PSdeG.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.