O Correo de A Costa da Morte

Camariñas da voz ós maiores para manter viva a historia

Queren favorecer as relacións entre xeracións // A iniciativa ten formato de concurso e comeza co Entroido

  • 01 feb 2021 / 17:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O Concello de Camariñas pon en marcha a iniciativa O enxoval da memoria que ten como obxectivo coñecer e recuperar diferentes manifestacións culturais por medio do relato das persoas maiores.

O programa, que se fará a modo de concurso, levarase a cabo de xeito virtual por medio da gravación de vídeos por parte dos participantes. O obxectivo é o de “dar visibilidade aos maiores compartindo o tesouro do pasado a través da memoria e promover así as relacións entre xeracións”, afirman dende o Concello camariñán.

A temática de partida será o Entroido, e a gravación terá que ser protagonizada por unha persoa maior. Valoraranse, exclusivamente, as gravacións en vídeo das vivencias persoais relacionadas con esta festividade atendendo, entre outros aspectos, a como se celebraba o Entroido; diferencias en como se festexaba antes e agora; cantigas, ditos, bromas típicas destas datas; receitas de cociña; disfraces; diferencias por sexo e idade...

Tamén se terá en consideración a achega de material gráfico como fotografías, cartelería o folletos, entre outros, sobre o estas celebracións e que complementen o relato oral.

Repartiranse un total de 900 euros en premios, divididos en: 300 € para a mellor produción de vídeo sobre vivencias, 100 euros para os cinco primeiros enviados, e unha cesta de Entroido, valorada en 100 euros, entre todos os participantes. Tanto do segundo premio como da cesta quedarán excluídos aqueles que perciban o premio á mellor produción de vídeo.

As persoas interesadas en participar deberán enviar un vídeo coas características anteriormente descritas xunto coa solicitude de participación ao departamento de Cultura do Concello de Camariñas no correo electrónico cultura@camarinas.net ou a través do número de Whatsapp 665 13 44 90.

O prazo de envío de vídeos e solicitudes de participación comezará o martes 2 de febreiro, e remata o día 28. As gravacións enviadas con posterioridade a esta data non poderán participar no concurso pero sí poderán ser difundidas publicamente, indican dende o Concello.

Deste xeito, en Camariñas non só recuperarán a memoria dos seus maiores, senón que tamén poderán revivir o espírito de Entroido nun ano no que as celebracións tiveron que ser aprazadas debido á COVID.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.