O Correo de A Costa da Morte

Camelle e Vimianzo acolleron as exposicións artísticas de Formigas

Na vila camariñana tamén se puideron ver os traballos da mostra ‘Ants, Treballadores’, obra de artistas das illas Baleares en homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras

  • 02 may 2021 / 11:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O espigón do porto de Camelle (Camariñas) acolleu a exposición dos traballos da mostra Ants, Treballadores que foi realizada por artistas baleares en homenaxe ás mulleres anónimas traballadoras e que está a percorrer o territorio nacional.

Paralelamente a esta mostra o Museo Man organizou un obradoiro artístico baixo o nome de Formigas no que os participantes puideron intervir durante catro horas a súa propia formiga de ferro, que tamén foi presentada xunto á exposición. Unha iniciativa similar desenvolveuse en Vimianzo, onde as creacións dos participantes foron expostas no castelo da capital de Terra de Soneira.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.