O Correo de A Costa da Morte

Catalogan máis de trinta pombais en Muxía, Camariñas e Vimianzo

  • 17 sep 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

MUXÍA. O concello de Muxía acollerá o vindeiro martes, 21 de setembro ás 10:30 horas, a presentación do Catálogo dos pombais na Costa da Morte, realizado polo muxián e alumno-traballador do obradoiro dual Camiño ao Emprego, Arxires Mouzo Ramos. Como parte da derradeira actividade do taller de emprego, o veciño da vila da Barca realizou un estudo pormenorizado e detallado dos pombais que existen tanto en Muxía, como en Camariñas e Vimianzo, os tres concellos organizadores do obradoiro dual de emprego.

Arxires puido identificar un total de 33 pombais (10 en Muxía, 17 en Vimianzo e 6 en Camariñas), pero o traballo, ademais do esforzo e da dedicación que ten tras de si, destaca pola súa orixinalidade xa que non existe en ningún dos tres concellos un estudo similar a este.

A obra é totalmente orixinal e contén fotos, entrevistas e xeolocalizacións de cada un dos pombais. O acto de presentación estará presidido polo alcalde, Iago Toba. J. M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.