O Correo de A Costa da Morte

Cee acolle a mostra de cerámicas, pintura e fotos ‘Abigarrado’ de Manuel Regueiro

A compañía De Ste Xeito Producións trae á casa da cultura a comedia ‘Feminíssimas’

  • 09 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cee. Unha nova exposición e a aclamada obra teatral Feminíssimas chegan á casa de cultura de Cee esta fin de semana. O sábado, día 11 ás 19.00 horas, inaugurarase a mostra de pintura, cerámica e fotografía Abigarrado, obra de Manuel Regueiro, organizada coa colaboración de Ponteceso Cultura Permanente.

Manuel Regueiro y González-Barros é xeólogo e aínda que vive en Madrid, seu pai era de Carballo e súa nai de Soutelo de Montes e pasa os veráns en Corme, polo que a súa variada obra ten profundas raíces galegas. Nesta súa primeira exposición poderase ollar óleos, acrílicos, acuarelas e fotografías inspiradas en Galicia e noutros puntos do mundo, xunto as cerámicas que fai no seu taller en Madrid con barros de Buño.

Trala inauguración da exposición, ás 20.30 horas, o Auditorio Baldomero Cores acollerá a representación da exitosa obra Feminíssimas, a cargo De Ste Xeito Producións. Unha obra protagonizada por Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco e Stephy Llaryora e dirixida a maiores de 14 anos.

Trátase dunha creación colectiva coa amizade como fondo e o feminismo como forma. Un congreso feminista na cidade de Vigo, tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven e tres maneiras distintas de entender o feminismo. Este é o punto de partida desta creación teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba. Unha comedia negra, moi violeta, que xa viron miles de espectadores en Galicia e tamén na Península. J. M. R.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.