O Correo de A Costa da Morte

Comeza unha nova fase das obras de acondicionamento da ponte de Baio

Onte pechouse ao tráfico ata o 17 de xullo para acometer traballos de demolición // Quedou habilitado un paso para os peóns

  • 28 jun 2021 / 18:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Este luns comezou unha nova fase das obras de acondicionamento da ponte de Baio, en Zas, que quedou cortada ao tráfico rodado. Para os peóns foi habilitado un paso. Ata o 17 de xullo os traballos centraranse na demolición do contrapeso, a beirarrúa e a escavación para a reposición dos servizos afectados.

Desde o 18 ata o 28 de xullo prevese o traballo de reposición dos servizos de telecomunicacións, deixando aberto o tráfico cun carril alternativo para vehículos, regulado con semáforos e un paso para peóns. A segunda fase, do 29 de xullo ao 13 de agosto, centrarase nun dos estribos. A circulación estará aberta cun carril alternativo para vehículos regulado con semáforos e un paso para peóns.

A terceira etapa, do 17 ao 20 de agosto, contemplará a demolición de mampostería augas abaixo e precisará o tráfico completamente cortado e un paso para peóns.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.