O Correo de A Costa da Morte

Compras con premio nos comercios da plataforma local MerCamariñas

  • 02 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Costa da morte. O Concello e os comercios agrupados na plataforma municipal MerCamariñas impulsan a campaña Merca e gaña en Camariñas con máis de 9.000 euros a repartir entre a clientela dos establecementos participantes.

Do 12 ao 31 de decembro, as persoas que realicen as súas compras nestes espazos recibirán un rasca con premios seguros de ata 10 euros de descontos na seguinte compra, que poderá ser de balde por un importe máximo de 30 euros.

Poden participar nesta campaña os comercios de todas as parroquias do municipio, inscribíndose antes do 8 de decembro na Casa de Pedra ou respondendo á mensaxe de correo electrónico enviada dende a administración local. O abano de posibilidades é moi amplo: dende tendas de calzado ata téxtil, complementos, deportes, librerías, florerías, farmacias, tendas de electrodomésticos ou mesmo de doces, segundo sinalaron dende o Concello. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.