O Correo de A Costa da Morte

Concilia Nadal para rapazada de entre cinco e catorce anos en Vimianzo

Ofértanse 40 prazas e as actividades desenvolveranse do o 26 ao 30 de decembro

  • 30 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Vimianzo. O Concello de Vimianzo lanza o seu programa Concilia no Nadal, novamente no marco de A vila do mañá, destinado para a rapazada de 5 a 14 anos. Trátase dunha aposta lúdico educativa que se desenvolverá do 26 ao 30 de decembro. É totalmente de balde.

A actividade contará cun total de 40 prazas e as inscricións poderán facerse na casa da cultura ata o 16 de decembro, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Ten como obxectivo avaliar e recuperar a identidade dos pobos e cidades. Nos últimos anos, esta iniciativa desenvolveuse en distintas localidades galegas chegando mesmo ata San Paulo (Brasil). O reto principal do proxecto é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa no proceso de construción dos espazos comúns, dotándoos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade dende a arte e a arquitectura.

Deste xeito, a rapazada poderá desfrutar de actividades gratuítas relacionadas ca arte e a arquitectura nas rúas e espazos públicos de Vimianzo a través de seis conceptos: a percepción, o espazo, a paisaxe, a escala, a sustentabilidade, a vila, e con ferramentas coma o punto, a liña o plano e o elemento natural e tridimensional.

Desde o goberno local agardan que os nenos e nenas se sumen a unha proposta “dinámica, especial e moi importante para toda a veciñanza, posto de aquí poden saír as bases de moitos proxectos futuros que tan só traerían beneficios ao municipio”. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.