O Correo de A Costa da Morte

Congro, artesanías e música en Muxía

  • 13 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Muxía recupera este Venres Santo, día 15, a tradicional Festa do Congro, que chega a súa vinte e catro edición, tras dous anos de parón obrigado por mor da pandemia. A celebración comezará ás 13.00 horas na zona portuaria coa degustación do prezado congro en diversas especialidades. A xornada gastronómica estará amenizada polo grupo musical Xaramiños do Corporiño, e despois terá lugar a sesión vermú a cargo do Dúo Charada. Na quenda vespertina, a festa contará coas actuacións en directo do Combo Dominicano e, a continuación, a discoteca móbil Mega CDC.

O ambiente festivo continuará o sábado. Desde as 13.00 horas, no paseo marítimo, haberá unha degustación de mexillón, ademais de sesión vermú e verbena amenizadas musicalmente polo Dúo Charada.

Paralelamente, veciños e visitantes poderán gozar dunha Mostra de Artesanía en vivo na Casa das Beiras. Tamén estará dispoñible unha exposición dos secadoiros tradicionais de congro.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.