O Correo de A Costa da Morte

Consideran un fraude a contratación de dous albaneis en Corcubión

O alcalde pide ao BNG “respecto ao tribunal” e di que está “canso” das continuas acusacións

  • 08 abr 2021 / 17:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Corcubión. O BNG considera que o proceso selectivo de dous albaneis por parte do Concello corcubionés “foi unha auténtica fraude avalada polo goberno local”.

O voceiro nacionalista, Lois Lado, asegura que o tribunal puntuou a varios aspirantes na proba de galego “sen que esta se chegase a realizar, e tampouco formou parte do tribunal ningún especialista en albanelería para cualificar a proba práctica”. Denuncia ademais que se duplicaron as actas do proceso de valoración “sen dar explicacións”.

Lado asegura que “é de escándalo o que pasa no concello cada vez que hai procesos selectivos” e sinala ó respecto que “pode existir prevaricación, e iso é moi grave”.

Nese sentido, o alcalde, Manuel Ínsua, pide “ante todo, respecto para os membros do tribunal, que bastante esforzo fan os traballadores do Concello sen cobrar nada”. Aclara que el non forma parte do tribunal "e estou canso de que os membros do BNG acusen ao alcalde de prevaricar. Se ven indicios de algo deben ir a onde teñen que ir, pero ao mellor son eu o que ten que adoptar medidas”.

Recoñece ademais que pode haber erros e, segundo lle indicaron, “hai unha duplicidade de actas porque houbo unha corrección de exercicios e está xustificada”. J. M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.