O Correo de A Costa da Morte

Contos ao pé do lar con Soledad Felloza en Casa de Trillo de Muxía

  • 24 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A primeira edición de Recitais ao Atardecer, promovidos pola Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur), traerá a Casa de Trillo, de Muxía, á prestixiosa contacontos, escritora, actriz e dramaturga Soledad Felloza. Será o día 30, a partir das 20.00 horas, e contará contos para adultos Ao pé do lar. O aforo é limitado e as persoas que non estean aloxadas deberán facer reserva previa a través do teléfono 634 759 557.

A iniciativa abrirá as portas de vinte e cinco casas de turismo rural de Galicia para desfrutar da música e da palabra no rural galego. Ademais de Soledad Felloza, tamén foron convidados os artistas Sofía Espiñeira, Concertart, Fernando Barroso, Pablo Carpinteiro, Charo Pita e Manuel Vilas, Germán Díaz, Mercedes Prieto e Sergio Cobos, e Óscar Fernández e Manu Fraguela. O proxecto conta co apoio da Axencia de Turismo de Galicia.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.