O Correo de A Costa da Morte

Corcubión comeza o luns cas escolas deportivas

  • 05 oct 2020 / 00:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

COSTA DA MORTE. O Servizo de Deportes do Concello de Corcubión porá en marcha este luns varias actividades deportivas sen contacto e seguindo os protocolos sanitarios para previr contaxios de covid-19. A oferta inclúe unha escola de patinaxe artístico para nenos e nenas, que aprenderán a desprazarse sobre patíns e os elementos técnicos do deporte sobre rodas. As clases impartiranas técnicos do C.P.A. Costa da Morte. Tamén se porá en marcha a escola náutica para o desfrute de actividades relacionadas co mar, vela lixeira e kayak. Desenvolveranse os sábados no peirao de Corcubión e estarán coordinadas polo Club Marítimo Carrumeiro. Asemade, o Concello ten previstos programas colectivos de entrenamento funcional para a mellora da condición física global, incluíndo o reforzo das capacidades condicionais e coordinativas. Estas actividades queimagraxas terán lugar os martes e xoves, de 20.00 a 21.00. Outra das modalidades que se impartirá é a de pilates, os luns e mércores de 21.10 a 22.10 horas. A veciñanza tamén poderá facer uso do ximnasio municipal, que dispón de cintas de andar, elípticas, remo, bicicletas e máquinas multipesas. As prazas son limitadas e os inscritos admitiranse por orde de apuntamento. Os interesados deben dirixirse ás oficinas do concello, ao pavillón ou chamar ao número de teléfono 981 745 400. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.