O Correo de A Costa da Morte

Costa da Morte disporá de máis de 631.000 € de fondos do plan Leader

Serán distribuídos en dúas anualidades e o prazo para solicitar as axudas remata o día 31

  • 17 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Vimianzo. A xunta directiva da Asociación Costa da Morte GDR, presidida por Manuel Muíño, aprobou o cadro financeiro da convocatoria Leader 2023-2024.

O pasado día 29 de decembro de 2022 Agader publicou no Diario Oficial de Galicia os fondos exactos que hai para cada grupo de desenvolvemento rural para a nova convocatoria de fondos Leader.

En total, Galicia contará con 15.284.434 € (o 20 % para a anualidade 2023 e o 80 % para a anualidade 2024). Ao GDR Costa da Morte correspóndenlle 631.600,31 €; 126.320,06 € para a anualidade 2023 e 505.280,25 € para o exercizo seguinte.

Por unanimidade dos presentes aprobouse o cadro financeiro para a convocatoria 2023-2024 coa seguinte distribución: 65 % para proxectos produtivos (410.540,20€) e 35 % para proxectos non produtivos (25 % de Concellos (157.900,08 €) e 10 % de asociacións (63.160,03 €)).

O prazo para presentar solicitudes para esta convocatoria vai ata o 31 de xaneiro. O máximo de axuda por proxecto produtivo é de 125.000 € (e ata o 40 %). Pola súa banda, para os non produtivos é de 38.000 euros por promotor e período Leader (do 32 % ata o 90 %, dependendo da tipoloxía do proxecto).

A axuda dos proxectos repartirase entre as dúas anualidades. Os interesados poden consultar as bases e os baremos na web www.gdrcostadamorte.com, ou tamén dirixíndose ás oficinas do GDR Costa da Morte en Vimianzo ou Buño, ou poden chamar por teléfono. M. LAVANDEIRA

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.