O Correo de A Costa da Morte

Curso de capacitación para o persoal de granxas porcinas en Zas

  • 11 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Zas. Os Servizos Veterinarios Oficiais da comarca de Terra de Soneira, dependentes da Consellería do Medio Rural, organizarán un curso de capacitación para o persoal de granxas de gando porcino. Impartirase na Oficina Agraria Comarcal de Baio (Zas) dende o 23 de xuño ata o 8 de xullo, de 16.00 a 20.00 horas, e terá unha duración de vinte horas.

O obradoiro recolle os requisitos exixibles para aquelas persoas que traballan no sector porcino. O programa consta de seis unidades que tratan aspectos que van dende as características da produción porcina ata as normativas relacionadas vixentes aos diferentes niveis, pasando por aspectos de carácter hixiénico, medioambiental e sanitarios.

O obxectivo é que os profesionais actualicen os coñecementos sobre benestar animal, normativa vixente e como actuar para a prevención de enfermidades e zoonoses. Tamén pretende formar en materia de xestión ambiental. M. Lavandeira

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.