O Correo de A Costa da Morte

Debate, música e imaxes para rememorar o ‘Prestige’ na vila da Barca

A Asociación de Amigos Gervasio Sar reconstruirá a memoria cunha mesa redonda

  • 17 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Muxía. O Salón do Voluntariado de Muxía acolle este venres, día 18 ás 19.00 horas, un encontro para reconstruír a memoria arredor da pregunta: vinte anos do Prestige, como o viviron?, organizado pola Asociación de Amigos Gervasio Sar.

Na mesa redonda avaliaranse as consecuencias ambientais, económicas, turísticas, sociolóxicas e políticas da catástrofe ambiental, e participarán José Vicente Domínguez, capitán de pesca e da mercante, que traballou nun petroleiro semellante ao Prestige, ademais de ocupar cargos na Administración pesqueira e publicar numerosos artigos sobre a navegación e a actividade marítima; Sven Schwebsch, voluntario alemán afincado en Carnota; Javer Sar, armador e patrón maior de Muxía naquela época, e Toñico Haz, percebeiro.

Previamente, exhibirase o documental Nunca máis; marea de dignidade, producido por Saga TV e dirixido polo cineasta Marcos Gallego, director do festival de cine documental Mares do Mundo. Trátase dunha reportaxe que retrata a través da mirada de reporteiros gráficos e xornalistas de medios internacionais cal era o clima social e político de Galicia.

O encontro pecharase cun concerto do acordeonista Fernando Fraga, profesor no Conservatorio da Coruña e director da Escola de Música e da Banda Municipal de Cee.

A Asociación de Amigos Gervasio Sar conta coa colaboración do Concello de Muxía, que enmarcou este acto na programación cultural do outono. M. LAVANDEIRA

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.