O Correo de A Costa da Morte

Demandan que se revise a execución da mellora da estrada de Pereiriña a Touriñán

O BNG asegura que cas últimas choivas xa apareceron numerosos baches

  • 09 ene 2021 / 18:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O BNG de Cee e de Muxía veñen de interceder ante os gobernos correspondentes para que as alcaldías se interesen pola execución da obra da estrada de Pereira a Touriñán.

Aseguran que antes das vacacións de Nadal, “e con media obra executada, a empresa adxudicataria recolleu toda a maquinaria, feito que fixo que se desatasen os primeiros rumores sobre o remate ou non da mesma. Independentemente diso, nos últimos días, e logo das incesantes choivas, pódese apreciar fácilmente como a calidade do asfaltado deixa moito que desexar, estando a aparecer numerosos baches”.

Por iso, os nacionalistas van rexistrar sendos escritos dirixidos ás respectivas alcaldías pedíndolles “que se interesen pola obra, por cando e como se vai reanudar e, por suposto, pola calidade do traballo final que a empresa deixe”.

Din que o BNG non vai “permitir que se nos deixe unha obra mal executada e que se convirta nunha carga económica para os concellos en pouco tempo. Cómpre lembrar que rematada a obra a estrada pasará a ser propiedade de Cee e Muxía, coa conseguinte carga económica de mellora e mantemento. Por iso consideramos que se debe asegurar, cando menos, dúas décadas de nula inversión nela”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.