O Correo de A Costa da Morte

Deporcampus e unha variada oferta deportiva para todas as idades en Cee

  • 11 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

COSTA DA MORTE. Baixo o lema Concello de Cee - Vila Activa a práctica do deporte e da actividade física serán “protagonistas” este verán na vila da Xunqueira, segundo sinalou a alcaldesa, Margarita Lamela, na presentación do variado programa dirixido a todas as idades.

Por segundo ano consecutivo, Cee será sede do Deporcampus, dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. Celebrarase do 27 de xuño ao 1 de xullo e será impartido por adestradores do Deportivo da Coruña. A data límite para inscribirse é o 23 de xuño ás 12.00 horas. Unha iniciativa que está organizada pola Fundación RC Deportivo, coa colaboración da S. R. D. Unión Club Cee. Todos os participantes serán agasallados cunha nova equipación con deseño exclusivo do Dépor.

A sétima Carreira Pedestre Nocturna (3 de xullo), campus de fútbol sala, fútbol, baloncesto e tenis de mesa, a escola de verán do Club Cee Deportes de Contacto, o campus do Club Arte e Movemento, o Día do Deporte na Rúa (16 de xullo), o dezanove Día da Bicicleta (29 de xullo), o programa Deporte e Diversión, o Campus Multideporte na piscina municipal e o Programa Respira para a conciliación familiar durante os meses de xullo e agosto, completan a oferta.

Unha programación que foi presentada nun acto no que a rexedora local estivo acompañada polos concelleiros Juanma Buiturón e Emilia Trillo, o presidente do Unión Club Cee, Ramón Iglesias, e o técnico municipal de Deportes, Manuel Calo.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.