O Correo de A Costa da Morte

Deporte e diversión na praia de Cee

  • 06 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O pasado luns, día 4, comezou o programa Deporte e Diversión, promovido polo o Servizo de Deportes do Concello de Cee e impartido pola empresa de turismo activo Atlantis Adventura. As actividades desenvolveranse todos os luns e mércores do mes de xullo en horario de 10.00 a 13.00 horas (ximcana lúdico-deportiva no areal da praia da Concha e mini-quads infantís no paseo marítimo).

Este programa, de inscrición gratuíta, está dirixido a 60 nenos/as de 7 a 14 anos. As tres primeiras quendas (semanais) xa están cubertas pero aínda hai algunha praza dispoñible para a cuarta semana.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.