O Correo de A Costa da Morte

Detectan un brote de COVID no IES Fin do Camiño de Fisterra

Hai confirmados cinco casos positivos, segundo informa a ANPA, e outras cinco persoas vinculadas ao centro están en corentena

  • 10 dic 2020 / 20:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do IES Fin do Camiño, de Fisterra, informa que hai un brote de COVID no centro. Foi detectado o pasado venres, día 4, e aseguran que son 5 os casos positivos confirmados e outras 5 persoas atópanse en corentena.

Sinalan que desde a dirección do instituto están tratando de que Sanidade faga un cribado a todo o alumnado, pero “a consellería négase por considerar que os positivos non teñen relación entre sí, é polo tanto dubidan que o contaxio se producise no centro”, afirman dende a asociación.

A ANPA considera que “tal e como van evolucionando os positivos, nestes días daranse máis contaxios, polo que pregamos que, na medida do posible non se leven os rapaces ás aulas; únicamente si se considera que é imprescindible facer exames, e só nesa hora”.

Demandan ademais que a Consellería de Sanidade “faga o seu traballo xa!, e urxe que as familias decidamos que a saúde debe ser prioridade neste momento”. Lembran ademais que, “baixo ningún concepto se deben enviar alumnos ao instituto se teñen síntomas compatibles co COVID e, en caso de dúbida, hai que poñerse en contacto co centro de saúde de referencia”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.