O Correo de A Costa da Morte

Encontro literario en Fisterra no centenario da publicación de ‘Ulises’

  • 15 dic 2022 / 19:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O hotel literario Bela Fisterra acolleróa o sábado, día 17, un encontro conmemorativo dos cen anos da publicación de Ulises, de James Joyce, promovido polo Instituto de Investigación en Estudos Irlandeses Amergin, da UDC. O acto comezará ás 12.00 horas e será presentado polo director do establecemento hoteleiro, Pepe Formoso.

Despois, o profesor da UDC Antonio de Toro Santos presentará a ponencia James Joyce e Galicia. A importancia de Irlanda na Galicia da Xeración Nós, e de seguido presentarase o documental Dedalus en Compostela, elaborado a partir dun texto de Vicente Risco.

Pola súa banda, o director do Instituto de Investigación Amergin, da UDC, David Clark disertará sobre O difícil camiño de Ulises cara a súa publicación en París e o investigador do Instituto Amergin, J. Miguel Alonso-Giráldez avaliará As traducións de Ulises, o libro máis perigoso. A versión galega.

Un encontro literario que chega ao Bela Fisterra logo da presentación do novo poemario de Yolanda Castaño, que leva por título Materia.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.