O Correo de A Costa da Morte

Estenden a rede de auga aos lugares de Paizás, Castiñeiras e Piñeiros

  • 03 abr 2021 / 18:04
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

VIMIANZO. O Concello adxudicou os traballos na rede de abastecemento de auga para os núcleos de Piñeiros, Paizás e Castiñeiras, por un total de 94.065,40 euros, que serán financiados con cargo ao Plan Único da Deputación. Cabe destacar que nestes tres núcleos, así como na estrada que os une, non existe ningún tipo de rede de abastecemento de auga. Preténdese con esta intervención dotar do servizo a practicamente todas as vivendas que compoñen estes núcleos de poboación. Plantéxase, para isto, dar continuidade á rede municipal, que na actualidade chega ata o núcleo de Sanfíns. Tendo en conta que a presión de auga é insuficiente para dar o servizo en boas condicións, e dada a orografía do terreo, contémplase a instalación dun grupo de presión de caudal variable formado por dúas bombas no cruce de Sanfíns. Canalizaranse un total de 3.147 metros con tubaxe de polietileno. O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, subliña a “necesidade de afrontar un proxecto deste tipo, para dotar dun servizo de primeira necesidade aos núcleos de poboación de Piñeiros, Paizás e Castiñeiras”, recalca, á súa vez que transmite que era “un proxecto moi demandado pola veciñanza desta contorna”, asegurou o edil. J. M. R.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.