O Correo de A Costa da Morte

Exposición, coloquio e andaina solidaria contra o cancro en Muxía

  • 05 may 2022 / 18:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A Sala da Camposa de Muxía acolleu esta semana a inauguración da exposición 50 anos cambiando a historia do cancro da Asociación Española Contra el Cáncer. O acto complementouse cun coloquio organizado pola Xunta Local de Muxía, que preside Rosa Valiña. Participou a investigadora Clotilde Costa Nogueira, responsable da Línea de Biopsia Líquida da Unidad Mixta Roche-Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, quen explicou diferentes asuntos relacionados con esta doenza.

O alcalde de Muxía, Iago Toba, tamén se sumou ao encontro e destacou “o bo facer da Asociación Española Contra el Cáncer e da Xunta Local por organizar estas charlas tan positivas e didácticas. Tamén merece un recoñecemento a figura de Rosa Valiña, que realiza unha labor extraordinaria, xunto ás súas compañeiras, no noso municipio”.

Esta xornada complementarase coa andaina solidaria Muxía en marcha contra o cancro, que terá lugar este vindeiro sábado, 7 de maio. Será un percorrido, de 5 quilómetros, e os participantes partirán ás 10.30 horas desde a lonxa de Muxía e pasará pola praia da Cruz, a praia de Arliña, o Santuario da Virxe da Barca e rematará no seu punto de partida.

As persoas interesadas poderán inscribirse ata este venres no edificio da Xunta Local de Muxía, en horario de 16.00 a 18.00 horas.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.