O Correo de A Costa da Morte

Ferida ao engancharlle o brazo unha máquina coa que moía o millo

Sucedeu no lugar de Sanfíns, en Vimianzo, e tivo que ser trasladada ao hospital de Cee

  • 14 nov 2020 / 17:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Vimianzo. Unha veciña do lugar de Sanfíns, pertencente á parroquia de Cambeda (Vimianzo) resultou ferida de gravidade este sábado ao quedarlle atrapado un brazo nunha máquina coa que estaba a moer millo.

Os bombeiros de Cee desprazados ata o lugar, coa axuda do persoal sanitario e de axentes da Policía Local e da Garda Civil de Vimianzo, conseguiron liberar o brazo da muller. Segundo sinalan, “a posible causa do atrapamento foi que levaba roupa solta e o eixe da máquina atrapouna e xirou levando o brazo con ela”. Debido ás feridas que presentaba foi evacuada de urxencia ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Foi alertado o helicóptero de emerxencias para tentar de auxiliar a asistencia sanitaria de urxencia pero, ao parecer, non puido saír por mor do mal tempo reinante.

O CAE112 recibiu a chamada de alerta ás 14.28 horas e ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local de Vimianzo, persoal de Urxencias Médicas, Garda Civil e os membros da dotación de garda do parque comarcal de bombeiros, de Cee, que deron por finalizada a súa intervención ás 15.15 horas.

Os expertos lembran que hai que evitar utilizar roupas frouxas cando se traballa con este tipo de máquinas. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.