O Correo de A Costa da Morte

Ferida unha condutora tras sairse da vía o vehículo que conducía en Dumbría

Tivo que ser liberada polos bombeiros de Cee e trasladada ao Hospital Virxe da Xunqueira

  • 29 oct 2021 / 13:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Os bombeiros liberaron a unha condutora que quedara atrapada no seu vehículo tras sufrir unha saída de vía no lugar de Bustelo (Dumbría).

Un particular informaba, arredor das dez da mañá, ao 112 Galicia dunha saída de vía dun vehículo, que dera varias voltas de campá e no que, posiblemente, houbese persoas atrapadas.

Os xestores do CIAE-112 Galicia deron aviso do sinistro aos bombeiros de Cee, ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, á Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Dumbría. Unha vez no lugar, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que tiveran que estabilizar o vehículo e liberaron, pola parte de atrás do coche, a condutora, que foi trasladada ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.