O Correo de A Costa da Morte

Guadalupe Vázquez leva a Saltarín ata a Fin da Terra nun novo conto bilingüe

  • 06 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

A mestra ceense Guadalupe Vázquez, logo do éxito acadado co seu conto bilingüe (galego e inglés) de contido pedagóxico Chouta, Saltarín! Little Grasshopper!, convida a embarcarse con Saltarín nunha nova aventura. Da man da Xunta, e seguindo a mesma liña pedagóxica e co mesmo personaxe como protagonista vén de publicar Voa Saltarín, ata a fin da Terra! Fly, little Grasshopper, to the end of the World!.

Nesta nova aventura, Saltarín amosará o desexo de coñecer o emblemático faro de Fisterra. Sendo consciente de que “el pode choutar, correr, xirar, ir adiante e atrás e ata bailar, vese capaz tamén de voar ata o seu soñado destino ata que lle entran as dúbidas e déixanos coa pregunta: será capaz de facelo?, invitando ao lector a unirse á aventura”, afirma a súa autora.

Dous contos que, segundo Guadalupe Vázquez, están pensados para que “os nenos e nenas aprendan a través do xogo e o movemento, o que lles permite canalizar altos niveis de enerxía de maneira positiva, traballando tamén as emocións”. A súa nova obra, publicada pola Xunta de Galicia, será presentada o 18 de agosto ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Cee.

Guadalupe Vázquez Formoso naceu na Coruña e viviu a súa infancia entre os Estados Unidos e Galicia. Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade da Coruña e actualmente é mestra nas etapas de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria no CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo, de Cee.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.