O Correo de A Costa da Morte

Guillerme Coen achega mundos de misterio no seu ‘Solpor en Figueiras’

  • 12 oct 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Costa da Morte. Guillerme Coen vén de publicar o seu terceiro libro: Solpor en Figueiras (Edicións do Peirao), que recolle oito relatos cos que quere contar canto de ordinario e extraordinario sucede ao redor dun lugar onde decorre a narración como á busca de respostas. Oito historias para un exercicio de imaxinación literaria, homenaxe ás xentes que xeran alento poético sen renunciar á consciencia do lector.

Son acontecementos do común con protagonistas de diversas clases sociais, condicións, sexo e idades diferentes, onde a paisaxe impón un cambio de actitude na traxectoria vital da comunidade. Predios misteriosos, mortes inhóspitas, mulleres e homes ao límite, noite, chuvia, relento, nun libro que persegue a visión fantástica dunha bisbarra de Galiza. Coen asegura ademais que son “relatos feministas”, que aparecen ilustrados por Pablo Chorén.

Este é o terceiro libro de Guillerme Coen, que anteriormente publicara Brais e A calor dun niño na editorial Toxosoutos. Asegura que escribir sempre foi unha das súas paixóns, e agora que está xubilado, dispón de máis tempo para adicarlle á creación literaria. Gusta de conxugar ficción e realidade nas súas obras.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.