O Correo de A Costa da Morte

Lucita Figueroa leva ao Parador da Costa da Morte a arte do encaixe de bolillos

  • 03 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

MUXÍA. A palilleira Lucita Figueroa, natural de Ozón (Muxía), amosará durante todo o mes de decembro a arte do encaixe de bolillos aos hóspedes e visitantes que acudan ao Parador de Turismo Costa da Morte.

A experta encaixeira conta cun expositor na zona de recepción, no que amosa as súas creacións de encaixe e tamén exhibie as súas habilidades cos palillos, de 11.00 a 12.00 horas.

E non só iso, pois tamén convida a quenes teñan interese a que experimenten en primeira persoa a arte de entrelazar fíos valéndose dos bolillos. “O que queira poderá aprender os primeiros pasos para elaborar unha puntilla”, afirma.

Lucita Figueroa é palilleira desde nena. Con tan só 6 anos xa aprendeu a manexar os palillos, recollendo o saber transmitido de xeración en xeración entre as mulleres da súa familia. Unha arte que promociona en diversos encontros, platós de televisión e tamén ao pé da Fervenza do Ézaro. J. m.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.