O Correo de A Costa da Morte

Máis de medio século de ensinanza musical na escola municipal de Cee

Neste curso contará con dez profesores titulados que imparten trece especialidades

  • 05 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cee. Arranca un novo curso na Escola de Música Municipal de Cee, e xa van 26. Lonxe queda o ano 1996 cando botaba a andar para “atender aos alumnos que se interesaron por aprender a ler partituras e tocar algún dos instrumentos que entón se ensinaban”, afirma o director, Fernando Fraga. Dende entón foron moitos os que puideron aprender e desfrutar tocando un instrumento.

No presente curso, a escola ceense conta con 10 profesores titulados superiores da materia, que ensinan e imparten 13 especialidades instrumentais, materias teórico-prácticas desde os 5 anos. Ademais, conta cunha banda de música dende 1998, que acolle a todos os alumnos que se forman no centro e ten actividade musical todo o ano: pasarrúas, procesións, concertos, gravacións....

Unha experiencia musical que, segundo Fernando Fraga, “lles permite tocar por toda Galicia”. Tamén animan aos seus alumnos a que “amplíen e proxecten a súa formación musical, superando as probas de acceso dos conservatorios profesionais e superiores da contorna e presentándose a concursos”. Dous dos músicos formados en Cee gañaron outros tantos certames de acordeón en Ponferrada e asisten a cursos de perfeccionamento. J. M. R.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.