O Correo de A Costa da Morte

Marcha fronte á avalancha de viraventos por Pasarela o vindeiro sábado

  • 16 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Vimianzo. A Rede Galega por un Rural Vivo convocou un acto público no lugar de Pasarela (Vimianzo) para o vindeiro sábado, día 19 de novembro ás 16.00 horas, baixo o lema Papaventos ou viraventos. Trátase dunha marcha que ten como finalidade “a concienciación sobre a necesaria protección da Costa da Morte fronte a avalancha desmedida de proxectos de parques eólicos”, afirman os convocantes. O acto rematará coa solta de papaventos.

O encontro conta co apoio dos colectivos Asociación 3 de maio, Asociación Fonte Seca, APEON, Plataforma Quijote de Outes, Plataforma pola defensa do Monte As Salgueiras, Plataforma de afectados de Caión polos parques eólicos Pedra Queimada e Monteagudo, Asociación Fragas do Sar, Ecoloxistas en Acción A Coruña Sur e Ecoloxistas en Acción Costa da Morte.

Hai que lembrar que se están tramitando varios proxectos na contorna dos Penedos de Pasarela. M. L.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.