O Correo de A Costa da Morte

Maxia, obradoiros, animación infantil e música para despedir o ano en Cee

Papá Noel visita os pequenos na Noiteboa // Os Reis percorrerán o día 5 de xaneiro as parroquias

  • 22 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Desde comezos de mes, Cee está a vivir un Nadal intenso con actividades lúdico-culturais pensadas para todos os públicos. Logo do festival da Escola de Música do pasado martes, o venres, día 23, visitará a vila da Xunqueira o Mago Antón para presentar o espectáculo Mil maxias máis.

Unha función creada para o público familiar e que busca poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais. Haberá pases ás 12.00, 13.00, 17.00, 18.00 e 19.00 horas, e a cita é na Praza 8 de Marzo da capital ceense.

O sábado, día de Noiteboa, os nenos e nenas teñen unha cita con Papá Noel. A súa primeira parada será ás 11.00 horas no campo da festa de Gures e despois continuará o seu percorrido por Ameixenda (campo da festa, 11.15 horas), Brens (escolas, 11.30), Camiños Chans (pista polideportiva, 11.40), Toba de Abaixo (Bar Toba, 11.55), Estorde (Praza de Dona Julia, 12.05 e zona de aparcamento do cámping, 12.25), Vilanova (12.30), Codesos (12.35), Pereiriña (escola, 12.40), Pereira (capela de San José, 12.50), Porcar (12.55), Lires (praza, 13.05), Canosa (13.15), Tedín (13.20), Ruibo (13.25), Cabaleriza (13.30), Sembra (13.35), Vilar de Toba (zona de aparcamento supermercados estrada A Coruña, 13.40), Xallas (13.50), Lagarteira (13.55), e Escabanas (14.00 horas).

Pola tarde, na Praza 8 de Marzo (no pavillón en caso de choiva) haberá recepción a Papá Noel nunha tarde festiva con inchables, música, globoflexia e neve, de 16.30 a 19.30 horas.

E do 26 ao 30 de decembro impartiranse obradoiros de Nadal de pintacaras, tatuaxes, xogos e outras sorpresas. Están destinados a nenos e nenas de 4 a 12 anos. E para rematar o ano, o venres, día 30, celebrarase o Concerto de Fin de Ano coa Banda de Música de Cee ás 20.30 horas no Auditorio de Baldomero Cores. O Concello tamén organizou unha gran festa na Noite de Fin de Ano na Rúa Lino Rodríguez Madero. A partir das 23.30 comezará a velada coa transmisión das tradicionais badaladas, a cargo de Melany. Chegado 2023 seguirá a festa coa música de Disco Móvil Mega CDC.

Xa en xaneiro, os días 3 e 4 no pavillón celebraranse sendas festas infantís con grandes inchables, nas que participará o paxe real, e os pequenos poderán deixar a súa carta para as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.

O xoves, día 5 de xaneiro, Cee recibirá a visita dos Reis Magos, que percorrerán todas as parroquias. Pola tarde, a partir das 17.00 horas terá lugar a recepción real no Museo Fernando Blanco. Ao remate, os fogos de artificio anunciarán o comezo da tradicional cabalgata pola vila.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.