O Correo de A Costa da Morte

Melloran a accesibilidade e a seguridade na piscina de Zas

  • 26 nov 2020 / 16:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Avanzan a bo ritmo os traballos de mellora que se están a levar a cabo na piscina municipal de Zas e nas instalacións anexas coa finalidade de mellorar a accesibilidade e a seguridade deste espazo, que conta cun bo número de usarios e usarias durante a tempada de verán. O proxecto, executado pola empresa Gallaecia Works S.L., ten un investimento de 54.693,06€ e prevese que esté rematado nos vindeiros días.

As obras consisten na renovación das baldosas que bordean o vaso, na instalación dunha rede de saneamento que facilite o vaciado da piscina, o acondicionamento da zona para tomar o sol coa instalación de duchas, a mellora das carpinterías existentes ademais doutros traballos que axudarán a mellorar notablemente a seguridade e salubridade das instalacións así como a mellorar a accesibilidade tanto na entrada do recinto como nos vestiarios.

Manuel Muíño, Alcalde de Zas, achegouse estes días ata o lugar onde puido comprobar que os traballos avanzaban a bo ritmo.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.