O Correo de A Costa da Morte

Melloras na estrutura da escola unitaria de Castromil

  • 13 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Vimianzo. O Concello de Vimianzo acaba de sacar a licitación o proxecto de arranxo das estruturas da fachada e a cuberta da escola unitaria de Castromil (Salto). O prazo de presentación de ofertas remata o vindeiro día 30 de marzo e conta cun orzamento inicial de 45.000 euros.

O obxectivo básico do proxecto é garantir unha boa impermeabilización do inmoble para paliar as entradas de auga no edificio. As actuacións previstas pretenden seguir unha liña que reforce a mellora da eficiencia enerxética, como xa se fixo noutras intervencións en inmobles deste tipo con anterioridade, como na escola de Reboredo.

As fachadas rehabilitaranse cunha estrutura de panel metálico e introducindo un novo illamento térmico para que, dentro do mesmo, se poida minimizar o consumo eléctrico. Resolveranse con paneis de dúas cores para enfatizar o deseño tipolóxico do edificio e con diferentes tipos de paneis.

Non se modificará a distribución actual, que conta con escaleira lateral e baños en ambas plantas. Estímase que o prazo de execución dos traballos desde o comezo dos mesmos será de tres meses.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, recoñece que “a intención do goberno local respecto a intervencións deste tipo é seguir a liña de traballos que respecten a contorna, melloren os servizos e sexan respectuosos co medio”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.