O Correo de A Costa da Morte

MerCamariñas porá na rede a oferta de tendas e empresas do concello

  • 06 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Camariñas. A plataforma de venda online MerCamariñas verá a luz o próximo luns, 11 de outubro, ás 11.30 horas nunha presentación oficial que se levará a cabo no pavillón da Mostra do Encaixe.

O pasado domingo celebrouse a última reunión coas tendas e empresas adheridas por parte da empresa local WP Nordés, encargada de xestionar o proxecto, para perfilar e pechar os últimos detalles antes da apertura.

Ademais, esta semana os participantes que o desexen poderán ter unha formación presencial sobre a plataforma na aula de informática.

Esta ferramenta nace co obxectivo de adaptar aos vendedores ao comercio electrónico. A concelleira de Comercio, Lara Pasantes, explicou no momento da creación que esta iniciativa xorde “ante a terrible competencia que ten o comercio de proximidade por parte das grandes superficies, e cremos que esta é unha forma de axudalos a paliar esa desvantaxe existente na venda online”. J. M. RAMOS

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.