O Correo de A Costa da Morte

Microrrelatos en contra da violencia en Vimianzo

  • 06 nov 2020 / 19:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

TERRA DE SONEIRA. O Concello de Vimianzo deseñou un concurso de microrrelatos contra a violencia de xénero de cara o 25 de novembro. O prazo para participar remata o día 20, e poderanse enviar as propostas mediante enderezo electrónico a microrelatosvgvimianzo@gmail.com. Non existen mínimos de idade nin restricións de nacionalidade.

Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando os microrrelatos se atopen escritos en lingua galega. O xurado estará composto por tres membros: dous especialistas en escritura creativa e outra en igualdade de xénero. O fallo do certame publicarase a partir do 25 de novembro.

A frase de inicio de cada relato terá que ser común a todos eles, tendo de base a seguinte: “Naceu muller nunha aldea” e o máximo de palabras será de 100. Os premios serán unha estancia dunha noite para dúas persoas (primeiro), unha cea ou xantar (segundo) e un bolsa de produtos (terceiro). J. M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.