O Correo de A Costa da Morte

Milleiros de romeiros desfrutan do Sábado da Barca en Muxía

En Caión tamén vivirán o domingo o día grande da Romaría dos Milagres

  • 10 sep 2022 / 17:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Baixo un sol radiante, milleiros de romeiros enchen este Sábado da Barca a vila de Muxía, onde están a vivir unha das romarías máis esperadas, despois de dous anos de pandemia. O primeiro cheo rexistrouxe xa na noite do venres, nunha ateigada verbena na que a música puxérona El Combo Dominicano e a disco móbil CDC.

Logo dunha noite de sábado na que a música non deixará de soar ata a saída do sol, a vila espera outra marea de romeiros este domingo con motivo do día grande. Haberá misas rezadas pola mañá e pola tarde e o acto solemne, cantado pola Coral de Muxía, comezará ás 13.00 horas nos exteriores do santuario da Barca. Despois partirá a gran procesión que levará a Virxe da Barca ata o porto muxián, onde será recibida coa maior traca de bombas de toda Galicia. Dende alí, o párroco impartirá a bendición aos catro ventos.

As actuacións musicais correrán a cargo da orquestra Fuego, que actuará na sesión vermú e na verbena, a cantante galega Mar Davila e o seu grupo musical Los Satélites.

A fe será tamén a gran protagonista este domingo en Caión (A Laracha), onde celebrarán a Romaría dos Milagres. Milleiros de peregrinos peregrinarán toda a noite para presentar as súas ofrendas á Virxe. Ás 4.30 horas rezarase o Santo Rosario e haberá procesión iluminada con candeas. Unha hora despois voltearán as campás do santuario. As misas comenzarán ás 6.00 horas, e repetiranse cada hora ata ás 13.00 horas, cando se celebrará a misa solemne e a procesión. Pola tarde haberá novos actos litúrxicos ás 17.00, 18.00, 19.00 e 20.00 horas.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.