O Correo de A Costa da Morte

Música e foliada no castelo de Vimianzo co espectáculo ‘Deixaas’

  • 05 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Terra de Soneira. Deixaas chega este sábado, ás 19.00 horas, ao castelo de Vimianzo para inaugurar o proxecto local A Costa da Vida con música, foliada e magosto.

Mercedes Peón, Mónica Nut e Ana Fernández ofrecerán un recital no patio de armas da fortaleza.

O espectáculo é o resultado dunha intensa investigación sobre as posibilidades da arte sonora traída ao eido no que Peón se ergue como referente internacional: a música de raíz, a tradición máis xenuína. Amplía así o seu universo creativo combinando artesanía musical e vangarda creativa. Sen abandonar a base tradicional, o álbum inclúe unha faceta contemporánea inspirada en espazos acústicos de nova natureza e composicións que traballan coa palabra poética dramatizada.

Diferentes ambientacións e texturas que gañan peso nunha obra en directo, ofrecendo unha experiencia artística única con tres formatos. Terá unha duración de 75 minutos. M. Lavandeira

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.