O Correo de A Costa da Morte

Nadal máxico, teatral e formativo en Dumbría

Haberá obradoiros de cociña e manualidades, música, teatro e contacontos // O día 28 O Conco terá festa

    • 22 dic 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

    Os máis pequenos serán os grandes protagonistas do Nadal en Dumbría. Xa dende o pasado día 12 de decembro os nenos e nenas do municipio tiveron a oportunidade de contactar con Papá Noel dende as aulas de informática. Ademais, as casas culturais das distintas parroquias teñen abertas as súas portas para que poidan entregar as súas cartas para Papá Noel, O Apalpador e tamén os Reis Magos de Oriente.

    Este xoves, día 22, está previsto que den comenzo os obradoiros infantís programados polo Concello dumbriés. Farano en Bustelo e Buxantes, onde se impartirán clases de manualidades e cociña, respectivamente, de 17.00 a 20.00 horas nos dous casos.

    Mañá, día 23, nas instalacións do Conco terá lugar o obradoiro de manualidades, de 16.00 a 20.00 horas, e en Berdeogas poderán desfrutar da maxia de Dani García, a partir das 18.30 horas.

    Na vindeira semana, o luns 26, Buxantes e O Conco acollerán as clases de manualidades e cociña (de 16.00 a 20.00 horas) e o martes, día 27, será a quenda para os nenos e nenas de O Ézaro e Olveira, no mesmo horario.

    O mércores, día 28, vaise celebrar unha gran festa infantil no Conco, con xogos, música, obradoiros e a representación da obra titulada Voa, voa!, a cargo dos compoñentes da compañía Talía Teatro. As actividades comezarán ás 11.00 horas e alongaranse ata ás cinco do serán, polo que o Concello ofrece servizo de xantar e transporte polas parroquias.

    Os obradoiros de manualidades e cociña chegarán a Berdeogas e Bustelo o próximo xoves, día 29 (de 16.00 a 20.00 horas), mentras que o venres, día 30, será a quenda das clases de manualidades en Olveira á mesma hora. Ese día, a partir das 18.30 horas no Ézaro, o contacontos Fran Rei presentará o espectáculo Barriga Verde.

    Coa chegada do novo ano, os obradoiros desprázanse a Berdeogas, onde se impartirán clases de cociña o día 2 de xaneiro, de 16.00 a 20.00 horas. Ao día seguinte, poránse aos fogóns os nenos e nenas de O Ézaro no mesmo horario, e en Buxantes desfrutarán da sesión de contos Flipa cos cos contos de Nadal, a cargo de Bandullo Azul. A cita é ás 18.30 horas.

    E o mércores, día 4 de xaneiro, en Olveira poderán gozar da música de Paco Nogueiras, que presentará o seu espectáculo Radio Bule Bule, a partir das 18.30 horas.

    Un dos días máis agardados polos pequenos da casa é a véspera do día de Reis. O 5 de xaneiro no municipio dumbriés haberá recepcións ás Súas Maxestades de Oriente nas casas culturais de cada unha das sete parroquias do municipio.

    A comitiva comenzará o seu percorrido en Berdeogas (15.30 horas) e continuará por Olveira (16. 30 h), Buxantes (17.30 h), O Ézaro (18.30 h) e Bustelo (19.30 h), antes de rematar a cabalgata nas instalacións de O Conco a partir das oito e media da tarde.

    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.