O Correo de A Costa da Morte

Non se autorizaron cambios no caudal ecolóxico da desembocadura do Xallas

  • 25 jun 2021 / 18:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Dumbría. A Xunta de Galicia desminte a denuncia da Asociación para a Defensa da Costa da Morte (Adecom) e asegura que “non autorizou ningunha modificación do réxime de caudais ecolóxicos” no treito da desembocadura do Xallas, no que se ubica a fervenza do Ézaro. O réxime de caudais ecolóxicos, engaden, “está fixado no Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, que se actualiza e aproba cada seis anos mediante un complexo proceso, transparente e aberto á participación pública. Actualmente, no Xallas e no resto de ríos rexe o réxime de caudais ecolóxicos previsto no plan 2015-2021. O caudal establecido pode variar en función da época do ano”. J. M.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.