O Correo de A Costa da Morte

O BNG impulsará iniciativas contra o parque eólico nos Penedos de Pasarela

Os deputados Luis Bará, Mercedes Queixas e Daniel Pérez reuníronse cos membros da plataforma opositora e con veciños da zona

  • 28 feb 2021 / 14:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

“Eólicos si, mais non así”. Esta é a mensaxe do BNG logo da visita realizada polos deputados Luis Bará, Mercedes Queixas e Daniel Pérez aos Penedos de Pasarela e Traba para amosar o rexeitamento ao proxecto do parque eólico Monte Chan, que afecta á referida Paisaxe Protexida.

Reuníronse con membros da plataforma SOS Penedos e con veciños e veciñas da zona para explicarlles o posicionamento do BNG e anunciarlles que impulsarán “todas as iniciativas que sexan necesarias para intentar deter un proxecto que suporía unha ferida de morte nunha paisaxe fermosísima”, afirmou Daniel Pérez.

O deputado nacionalista asegurou que son conscientes da importancia da enerxía como elemento estratéxico para o desenvolvemento económico, “pero debe ser unha enerxía limpa, renovable e respectuosa coa paisaxe, o medio ambiente e as persoas”. Por iso, engadiu, “non entendemos que se pretenda instalar un parque eólico no corazón mesmo dos Penedos, unha zona de especial protección paisaxística desde 2008”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.