O Correo de A Costa da Morte

O comité de Xeal pedirá o respaldo das forzas política no Parlamento galego

Demandan garantías de viabilidade para as fábricas de ferroaliaxes de Cee e Dumbría

  • 27 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

Cee. O comité de Xeal vén de solicitar a todos os grupos parlamentarios unha xuntanza para trasladarlles a súa preocupación “polo novo intento de segregación encuberto das actividades e que se sumen ás súas demandas dun plan industrial e de viabilidade das fábricas”. Dirixíronse tamén, no mesmo sentido, ao concello de Mazaricos, Augas de Galiza e a Consellería de Industria.

Agarda ademais que os grupos parlamentarios trasladen a súa demanda ás administración públicas e á empresa de que “calquera autorización administrativa para novos aproveitamentos hidráulicos para a produción de electricidade (aproveitamento do caudal ecolóxico do encoro de Santa Uxía e proxecto de estación reversíbel de bombeo no monte da Ruña) deberá estar condicionado ao cumprimento da lexislación aplicable en vigor (incluída a medioambiental), e ao acatamento das cláusulas concesionais de acordo aos termos interpretados pola sentenza do TSXG do 5 de novembro de 2020”.

Os representantes dos traballadores esixen ademais que a empresa presente un plano industrial e de viabilidade das fábricas de Cee de Dumbrá, “tendo en conta que as actividades de xeración de enerxía eléctrica e de fabricación de ferroaliaxes forman unha unidade produtiva única, así como o restabelecemento e fixación dun número mínimo de cadro de persoal en relación ao nivel de emprego existente no ano 2019, e da aplicación do convenio colectivo de Xeal Cee Dumbría Centrais Hidroeléctricas actualizado".

Demandan tamén a apertura dunha negociación entre todas as partes afectadas.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.