O Correo de A Costa da Morte

O Concello de Muxía vén de entregar a Protección Civil un novo todoterreno

  • 16 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

PARQUE MÓBIL. O Concello de Muxía fixo entregou un novo automóbil todoterreo á asociación local de Protección Civil de Muxía. Dito vehículo foi financiado a través dunha partida que consta de fondos propios do Concello e do POS 2020 da Deputación da Coruña. O coche, que xa está no parque móbil da agrupación, trátase dunha pick-up marca Nissan Navara que combina comodidade, capacidade e última tecnoloxía para facilitar o traballo e a gran labor desta asociación local que colabora diariamente coa operatividade do Concello de Muxía. Tras o acto de entrega, o alcalde, Iago Toba, destacou que “a agrupación de Protección Civil de Muxía é un orgullo para este pobo, e por iso, desde o goberno local queremos reflexar este agradecemento outorgando material e medios para que se manteña como unha das mellores agrupacións de Galicia”. c.m.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.