O Correo de A Costa da Morte

O goberno de Muxía intentará sacar adiante os proxectos rexeitados pola oposición

  • 25 mar 2021 / 13:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego

O equipo de goberno de Muxía (PSOE), liderado polo alcalde Iago Toba, co apoio dos concelleiros Javier Romar e Olalla Benlloch, seguirá traballando por intentar sacar adiante os proxectos que foron rexeitados pola oposición no pasado pleno. Insisten en que foi “un veto a unha batería de propostas para investir máis de 700.000 euros en creación dunha escola infantil, melloras en infraestruturas e fomento de emprego, entre outras cousas”.

Desde o executivo, aseguran, xa están a traballar para activar a licitación de diversas obras, así como a celebración de diferentes reunións para avanzar nos proxectos que o grupo de goberno considera prioritarios, tales como a escola infantil ou a bomba de abastecemento na ETAP, que proporciona subministración a parte de Muxía. A súa vez, retomarán as obras e reparacións en vías e estradas que estaban paralizadas por mor das inclemencias meteorolóxicas. Por outra banda, os obradoiros de emprego seguirán levando a cabo tarefas de mellora por todo o termo municipal.

O alcalde, Iago Toba, manifestou “as ganas deste goberno por seguir traballando e conseguir sacar adiante esta serie de intervencións e melloras que cremos que son tan beneficiosas e necesarias para Muxía”. Continúan apostando polo “traballo por e para a veciñanza, a pesar de atopar no bloqueo da oposición un escollo que imos superar con esforzo, traballo e dedicación”.

TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.